Pasar al contenido principal

Caamaño, José Luis

General

Categorías: 
Fotografía

CURRÍCULUM
Comeza a súa carreira artística ós 14 anos. Ós 15, recibe varias mencións especiais, en concursos de pintura realizados ó aire libre, así como algún premio en metálico.
Ós 16 anos preséntase a tres concursos de pintura ó óleo, obtendo o primeiro premio no Certame de Artes Plásticas do Ministerio de Cultura, e o Primeiro premio tamén no Certame Homenaxe a Picasso.
Fixo colaboracións con diversos artistas plásticos: Gómez Pacios, López Guntin, Jose Maria Lugilde, Paco Pestana, etc...
Diversas exposicións de Pintura, individuais e colectivas.
Mentres segue cos seus estudios artísticos, imparte clases nos cursos monográficos promocionados polo Ministerio de Cultura de diversas técnicas: gravado e tallado do vidro, decoración de cerámica, vitrais e policromía.
Especialízase por conta propia na técnica do vitral, deseñando os seus propios vitrais e restaurando vidrieiras de varias igrexas e catedrais, como na Catedral de Lugo, Catedral de León, Mosteiro de Samos, etc...
Responsable do departamento de deseño artístico do vitral de Unión Cristalera impartindo clases da técnica Fussing no resurxir desta técnica.
Cursou estudios de soplado do vidro e outras técnicas no Centro do vidro de Barcelona.
Fixo colaboracións con diversos artistas do vidro: Orfeo Quagliata (Oakiand.CA) Rodolfo Herrera Saldaña (México) Ramón Pozo Fernández (España) etc...
Colaborou en traballos de soprado de vidro en Palma de Mallorca.
Escultura artística en barro e bronce.
Especialista en fundición á cera perdida. Técnica desenrrolada de xeito totalmente autodidacta. Fai traballos nesta técnica, para diversos escultores e traballos para a Xunta de Galicia do escultor Paco Pestana. Colaboración especial en traballo de fundición á cera perdida, cun mestre da escola Massana.
Modelado e moldeo para cerámica, diversas técnicas
Bocetos e realización dalgunha colección de serigrafías.
Colaboracións con serigrafías en revistas de arte.
Técnico especialista en serigrafía artística e industrial, calcomanía vitrificable.
Estampación en diversas técnicas, gravado...
Director creativo en Área Gráfica, empresa adicada ó deseño gráfico e publicitario.

FOTOGRAFÍA
En xaneiro de 2003, interesase en serio por este xeito de expresión artística, técnica que xa tocara por encima noutras ocasións.
Socio fundador e vicepresidente da Asociación fotográfica “Posición B”, inaugurada en xulio de 2004.
Imparte cursos de fotografía e colabora con persoas interesadas, co fin de promociona-la fotografía a calquera nivel.

TRABALLOS DE FOTOGRAFÍA
Colaboracións con axencias de modelos.
Imparte cursos de fotografía.
Fotografía ás Mises e ós Mister.
Books fotográficos de moda e retrato.
Fotografía publicitaria e creativa.
Fotografía artística e de autor
Actualmente fotografía e deseño de catálogos de moda.

EXPOSICIÓNS DE FOTOGRAFÍA
- Green Street. Xuño de 2004
- Posición B (A Coruña) Agosto de 2004
- Revista Imagen y comunicación (Exemplar de xullo de 2004).

Galerías

Galería
  • Fotografía