Luciano Couselo Castro nace en 1950 en Santiago de Compostela.
FORMACIÓN
1969–1977. Estudios de Debuxo, Pintura, Litografía e Gravado, na Academia Baixas, na “Escola d’Arts i Oficis La Llotja” e na “Escola Conservatori del...
Villapol
General
Fernando Villapol Parapar naceu en San Tirso de Abres (Asturias) o 26 de febreiro de 1952.
CURRÍCULUM
Afincado en Bretoña (Lugo) desde 1975 é escultor autodidacta e completa a formación técnica na Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Con afán de investigación artística viaxou por España, Europa, América e África. Realizou exposicións individuais e colectivas en Fonsagrada, Sarria, Guitiriz, Asturias, Ribadeo, Rábade, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. Colabora en programas de TV e en prensa con diversas publicacións.
OBRA
Esculturas ó aire libre: -En mármore "Homenaxe a un Bretón desaparecido", no campo de San Cosme, Bretoña (Lugo). -En mármore "Homenaxe á Pedagoxía", no Colexio público de Bretoña (Lugo). -En castiñeiro "Contemplade", no Mirador de Murias (Fonsagrada). Participou como relator en conferencias no Pazo de Bendaña (Santiago de Compostela) e en diversos colexios públicos.
Cofundador da Sala de exposicións "Bacabú" de Lugo. Fundador do Muíño Pedagóxico Villapol de Bretoña (Lugo). En 30 anos de investigación dedicouse durante 25 anos á escultura e conseguiu fundir investigación, arte, creación, expresión e cultura.Conseguiu o premio de escultura no segundo certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo en 1994. Foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia para unha exposición itinerante polas catro provincias Galegas.