Pasar al contenido principal

Costas, María

General

Categorías: 
Artesanía

María Costas Chapela, naceu en Moaña o 10 de agosto de 1971.

FORMACIÓN
1999. Título de Auxiliar Xoieira.
2000. Título de Xoieira. Escola CEIG de Vigo.
2003. Título de Xemóloga (dous anos académicos) na Universidade de Barcelona e na Escola Técnica de Xoiería do Atlántico (Vigo).
Realizou diversos cursos de Enfilado de Colares e de Esmalte de Xoias.

EXPERIENCIA PROFESIONAL
Exposicións: “900 horas de Joyería”, “Art´Istal” ...
Feiras: Festival Intercéltico de Moaña, Feria Multisectorial do Miño, ...
Desfiles de Moda: Gala Super Model España 2001, Desfiles de Presentación en Luar (TVG)... realizados en Galicia, con xoias exclusivas.
Participación nas tres últimas edicións da “Feria Internacional de Bisutería Euro-Bijoux”, celebradas en Mahón, Menorca; sendo finalista no ano 2002.
Exposición de xoias no Salón Internacional de Reloxería e Xoiería de Munich “Inhorgenta Europe”. Alemania, febreiro de 2003.
Presentación de coleccións en publicacións tan prestixiosas como: a revista “Arte y Joya” (marzo e abril, 2003), con unha reportaxe especial adicado a Novos Diseñadores; presentación da Colección Drago´s no xornal “Gold & Time” (xullo, 2003); e tamén na Guía Cultural de Artistas de Galicia, da Xunta de Galicia.
Tempada Primaveira – Verano 2003: presentación de tendencias na Galería de Xoias “Doble G”, Madrid.
Tempada Outono – Inverno: participación na Gala Final para a selección da Chica Interviú Galicia 2003, co gallo da presentación das novas creacións.
Participación en diversos concursos no ano 2004, a destacar, o certame “Antonio Fraguas”.
Na actualidade, compaxina a docencia, como Xemóloga Titulada, na Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, coa creación de xoias exclusivas e o deseño e realización de múltiples escaparates, principalmente, no sector da xoiería.

Galerías

Galería
  • Artesanía