Pasar al contenido principal

Rielo

General

Categorías: 
Pintura

Gonzalo Pérez Rielo (1924-2000)

Naceu un 7 de xuño do ano 1924, na rúa San Pedro da cidade de Lugo. Fillo dun funcionario de telégrafos. Debido ós desprazamentos laborais do seu pai, viviu na Fonsagrada e Foz, aínda que finalmente retornaría á capitalidade da provincia lucense.
Realizou estudios na Escola de Maestría Industrial de Lugo, acadando o título de montador electricista. Este feito propiciou que moi pronto fose empregado como mecánico electricista na R.T.R., unha fábrica de reactancias para neóns ubicada preto da estación de R.E.N.F.E., onde ó pouco tempo é nomeado encargado dunha nave de rebobinado emprazada na Escalinata da Estación.

A PINTURA
Xusto nesta época, aínda que como el mesmo recoñece, cunha vocación tardía, sinte unha forte atracción pola arte, sobre todo pola pintura e pola música.
Por aquel entonces compaxinaba o seu traballo na factoría coa pintura un pluriemprego segundo o necesario, que lle servía de “complemento” para poder atende-las necesidades da súa familia, que por certo, era das consideradas como numerosa; tivo cinco fillos ós que conseguiu dar estudios.
Despois de 1982 debido en parte ó peche da fábrica, vólcase totalmente á pintura, o que o leva a facer tódalas exposicións reflectidas no seu currículo.

A MÚSICA
A súa faceta musical, aínda que moi pouco coñecida, lévao a tocar instrumentos como o acordeón ou o teclado aínda que dun xeito íntimo e privado. E dun xeito similar, cautelosa e discretamente abandónanos un 22 de outubro do ano 2000, levando consigo o segredo dese mundo interior que só vía a luz nos seus lenzos.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1954. Excma. Deputación de Lugo
1960. Círculo das Artes, Lugo
1976.Casa do Concello de A Coruña
Liceo de Ourense
“Caja de Ahorros de Asturias”, Oviedo
1977. Liceo de Ourense
“Caja de Ahorros de Asturias”, Avilés
Casa do Concello de A Coruña
“Banco Gallego”, Lugo
1978. “Caja de Ahorros de Asturias”, Gijón
“Caixa de Aforros”, Santiago de Compostela
“Caja de Ahorros de Asturias”, Mieres
“Caixa de Aforros de Galicia”, A Coruña
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1979. “Banco de Bilbao”, Ponferrada
Casa da Cultura, León
“Banco de Bilbao”, Oviedo
“Caja de Ahorros y Monte de Piedad”, Segovia
“Banco de Bilbao”, Ferrol
“Caja de Ahorros”, Vigo
“Banco de Crédito e inversiones”, Lugo
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1980. “Caja de Ahorros”, Santiago de Compostela
Delegación de Cultura de Pontevedra
Casa da Cultura, León
Casa da Cultura, Burgos
Casa da Cultura, Soria
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1981.Casa da Cultura, Ourense
“Caja de Ahorros de Asturias”, Avilés
Sala de Arte C. de Diego, Oviedo
Sala de Turismo, Santander
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1982.Casino, Viveiro
“Caixa de Aforros de Galicia”, Burela
Turismo, Ribadeo
“O Feitizo”, Foz
“Caja de Ahorros de Asturias” Avilés
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1983. “Liceo Marítimo”, Vilagarcía de Arousa.
“Caixa de Aforros de Galicia”, Santiago de Compostela
“Compañía de María”, Santiago de Compostela
“Banco Galego”, Lugo
“Círculo Mercantil e industrial”, Ribeira
“Banco de Bilbao”, Oviedo
Sala “Nova Rúa”, Lugo
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1984. “Caixa de Aforros de Galicia”, Monforte
Sala “Nova Rúa”, Lugo
Casino, Avilés
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1985. Caixa Postal, A Coruña
Sala “Nova Rúa”, Lugo
Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1986 Casino, Avilés
1993. Banco Galego, Lugo
1994 Alcalá de Henares
1995. Banco Galego, Lugo

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1959. Óleos e cerámica decorada. Círculo das Artes, Lugo
1984. Exposición colectiva A Coruña
Exposición Colectiva, Lugo
1995. Hotel Méndez Núñez, Lugo
2000. Edificio Administrativo, Lugo

PREMIOS
1958. 3º Premio na Exposición Provincial Sindical.
1959. 2º Premio na Exposición Provincial Sindical.
1959. Accésit no Certame Provincial de Artesanía.

Críticas

Crítica

“El paisaje es el único tema de esta colección, tema que Rielo trata con meticulosidad, con un sentido impresionista tendente hacia un lirismo plácido, en busca de la belleza que se encuentra en la misma composición”.

Alvarado

“Es una muestra sumamente agradable, por su belleza...

Galerías

Galería
  • Pintura