Pasar al contenido principal

Vázquez Castro, Xosé

General

Categorías: 
Pintura

Xosé Vázquez Castro naceu en Ferrol en 1951.

CURRÍCULUM
De formación autodidacta, iniciase no debuxo e a pintura á beira do seu pai o pintor Vázquez Doce.
Ós 18 anos expón por primeira vez na cidade da Coruña. Na súa primeira etapa a súa pintura tende a un clasicismo e alterna o óleo coa acuarela, expoñendo nas catro cidades galegas.
1974. Expón en Santiago de Compostela no "Hostal de Los Reyes Católicos" onde coñece ó periodista Pepe Alvite do que toma sabios consellos emprendendo unha viaxe aventureira amosando a súa obra polo resto do territorio español.
1979. Instálase en Madrid por un período de dous anos. A galería de arte Bercowitsch faille unha exposición de acuarelas que marca outra etapa na súa carreira artística especializándose nesta técnica creando un estilo propio segundo o criterio dos escritores José Hierro e García Viñolas. Nunhas tertulias coñece ó escritor Gonzalo Torrente Ballester. Nesa etapa formase como escenográfo xunto ó director e actor teatral arxentino Santiago Doria e ó dramaturgo Jaime Salón. É seleccionado para asistir a un curso de pintura sobre desnudo con modelo pola facultade de Belas Artes de San Fernando ó tempo que prepara unha exposición para a galería Torques de Santiago de Compostela onde coñece ó pintor Laxeiro que lle compra unha das obras alí expostas. Comeza outro cambio na súa pintura, volve a traballar o óleo e introduce a figura na súa temática paisaxística envolta nunha especie de bruma galaica.
1980. Editase o libro "Pintores Ferrolanos" de José Leira Domínguez con prólogo de Camilo José Cela. Curiosamente durante o bacharelato foi alumno de Leira Domínguez dándolle éste clase de Xeografía e Historia.
1981. Traslada a súa residencia a Ferrol onde prepara a obra para a exposición na "Institución Cultural El Brocense" de Cáceres.
1982. Viaxa a Venezuela e é invitado a expoñer na sala de exposicións da Embaixada Española. Nese mesmo ano prepara as exposicións da galería Arboreda de Ferrol e a galería Rúa Nova de Lugo.
1983. A galería de arte Citania de Santiago de Compostela publícalle a carpeta “Catro Acuarelas” con orixinales da súa autoría e textos de Ramón Otero Pedrayo e Salvador Lorenzana, e poemas de Pero Meogo, Rosalía de Castro, Eduardo Blanco Amor, Alvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrríquez. Para esta carpeta pinta máis de 700 acuarelas. 1984. Fai a escenografía da peza Eclipse Total de Christopher Hampton para a compañía de teatro Ítaca de Santiago de Compostela. Para elo trasládase a vivir a Compostela e debido á espectacular montaxe da escenografía que tiña un peso de dúas toneladas, pide os favores do convento de San Francisco para poder montar todo o sistema de andamiaxe e así pinta-los decorados. En agosto dese mesmo ano a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia convídao a representar a Galicia no XIV Festival Interceltique de Lorient en Francia xunto con Lomarti, Xulio Maside, Morquecho e Ignacio Basallo.
1985. Expón no Museo Valle Inclán da Poboa do Caramiñal e no Hotel Finisterre da Coruña.
1988. O Concello da Coruña faille unha exposición de acuarelas de grande tamaño na sala Durán Loriga. Neste mesmo ano a TVG invitao ó programa Entre Nós e realiza un Cadro mural en directo.
1989. Mostra de óleos e acuarelas en dúas salas simultáneas o Museo Bello Piñeiro e o Casino, da súa cidade natal, Ferrol.
1988. Edita a Carpeta de grabados Lembranzas con poemas de Rosalía de Castro e Alicia Taboada con prólogo de Mercedes Rozas. Nesta etapa predomina a figura en primeiro término como querendo rendir homenaxe á muller galega. Así pinta na técnica do óleo e acrílico as Maternidades, Peixeiras, Panadeiras e todo un sinfín de personaxes casi todos femininos reflexando unha pintura costumbrista despois de ter pasado por unha mezcla de impresionismo e expresionismo.
2000. Participa na exposición Tres Xeracións na homenaxe póstuma que o Concello de Ferrol rinde ó seu pai o pintor Vázquez Doce.
2001. Realiza a escenografía da peza A Pousada de Petra Cotón de Agustín Magán para Ditea Teatro de Cámara.
Publicase o catálogo-libro "Vázquez Castro" prologado polo escritor Daniel Buján.
2002. Funda con outros artistas a Asociación de Artistas Plásticos Galegos ARGA con sede en Santiago de Compostela e da que é nomeado presidente exercendo o cargo hasta a fecha. En 2003 participa nas Feiras das Artes Plásticas nos Concellos de Santiago, a Coruña, Pontevedra, Vigo e Baiona. En decembro dese mesmo ano expón na sala de exposicións da Asociación de Artistas Plásticos Galegos.
2004. Mostra os seus traballos coa mesma técnica e temática na Galería de Arte Alameda de Vigo. Prologa o catálogo a periodista Elba Vallejo.
2005. Participa coa galería Auriol-Arte de Santiago de Compostela na homenaxe a Antonio Machín. Seleccionado e invitado pola Deputación da Coruña a participar durante catro días no I Encontro coa Pintura no Pazo de Mariñán.

OBRA EN:
Coleccións e museos de:
Xunta de Galicia
Fundación Semana Verde de Galicia.
Colección Caixa Nova.
El Correo Gallego.
Casa de Galicia en Córdoba.
Museo Carlos Maside.
Círculo das Artes, Lugo.
Concello da Coruña.
Ran Xeros de Caracas (Venezuela).
Embaixada Española de Caracas.
Hermandad Gallega de Caracas.
Museo Valle Inclán, Pobra do Caramiñal.
Sodiga, Santiago de Compostela.
Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela.
Casino, Vilagarcía de Arousa.
Casino, Ferrol.
Caja de Ahorros, Ferrol.
Institución Cultural El Brocense, Cáceres.
Real Monasterio de Oya, Pontevedra.

Críticas

Crítica

A PAISAXE É VERDADE A PAISAXE É MENTIRA
Non sei a quen Ilo oín. Non foi a alguen relacionado coa Crítica de Arte ou ca Literatura senón coa Bioloxía. O que sei é a boa da frase púxome automáticamente a pensar. Como seguramente poría a pensar a Vázquez Castro. E igoal chegaba coma...

Galerías

Galería
  • Pintura