Pasar al contenido principal

Piñeiro, Cuqui

General

Categorías: 
Escultura

CURRÍCULUM
1983. Certificación académica. Título de Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Hª da Arte Moderna e Contemporánea. Universidade de Santiago de Compostela.
1986. Tesis de Licenciatura sobre a Obra Plástica de Xoán Piñeiro coa calificación de Sobresaínte. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
1986. Cursos do Terceiro Ciclo de Doutorado coa calificación de sobresaínte. Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela.
1987. Coordinadora da 1ª Exposición de Artistas Galegas organizada por Alecrín. Centro de Estudios da Muller do Concello de Vigo.
1988. Montaxe técnico da Exposición, maquetación e textos de catálogo Xoán Piñeiro de 1920 a 1980. Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso. A Coruña.
1989. Profesora de Historia da Arte na Casa de Oficios Artesanía Textil. Concello de Vigo.
1990. Comisaria da Exposición II Bienal de Artistas Galegas. Casa das Artes do Concello de Vigo. Publicación catálogo.
Comisaria da Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980 no Castelo de Soutomaior.
1990. Publicación dun libro sobre o artista. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
1991. Constitución e xerencia da empresa Arte Bronce Fundición, S.L.
1995. Titulación de Carta Artesán e Taller Artesán. Xunta de Galicia.
1996. Monitora de Curso de Formación Ocupacional Ceramista-Modelador-Escultor, en Arte Bronce Fundición. Goián-Tomiño. Pontevedra.
Curso de Metodoloxía Didáctica para Formación Ocupacional no proxecto de Formación de Formadores da Consellería de Familia e Benestar Social da Xunta de Galicia.
1998. Directora da Fundación Xoán Piñeiro. Goián.

EXPOSICIÓNS
1981. Selección e montaxe da obra de Xoán Piñeiro na Exposición Antolóxica-Homenaxe. Caixa de Aforros de Vigo.
1982. Sala de Exposicións da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago e A Coruña.
1996. 1ª Exposición (colectiva) de Bronces de Pequeno Formato. Inauguración da Tenda-Exposición nas instalacións do Taller Arte Bronce Fundición en Goián. Pontevedra.
1997. Bienal de Arte de Vilanova de Cerveira. Talleres: Arte Bronce Fundición. Portugal.
1997. Exposición de Bronces na sala Banco Bilbao Vizcaya. Vigo.
1998. Exposición de Bronces no Lagar do Alvarinho. Melgaço. Portugal.
1999. Exposición de Bronces na Casa da Xuventude. Tui.
2000. Exposición de Bronces na Área Panorámica de Tui.
Exposición de Bronces na Casa da Xuventude de Tui.
Exposición colectiva. No Taller Arte Bronce Fundición en Goián (Pontevedra).
Dirección da 1ª Bolsa de Traballo e Investigación en fundición á cera perdida. Organizado pola Fundación Xoán Piñeiro en Arte Bronce Fundición. Goián.
2002. Exposición na Galeria Batik de Barcelona.

Galerías

Galería
  • Escultura