Pasar al contenido principal

Ponce, María

General

Categorías: 
Pintura

María Ponce Ríos naceu en Ferrol.

Residiu en Barcelona ata os 12 anos, e en Santiago de Compostela, durante a súa etapa universitaria, e dende 1982 ata a actualidade vive en Vigo.

Iníciase na pintura en 1997. De formación eminentemente autodidacta, ainda que recibe clases de pintura a nivel particular nos talleres de Cristina Fernández Núñez e Patricia Malvestitti, ambas licenciadas en Belas Artes, traballa o óleo e o acrílico así como a técnica mixta.
Diplomada en Arte Contemporánea polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, en maio de 2005.
Membro da Asociación Artística Cultural de Pontevedra ASACPO.
Membro da asociación para a promoción da arte galega actual ALTERARTE de Vigo.
Membro colaborador da Fundación MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2000. Exposición individual no Clube de Golf Ría de Vigo, Domaio (Pontevedra).
2006. Galería de Arte Ivan Morillas. Sabarís-Baiona.
2006. Hotel Rías Bajas. Pontevedra.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1997. Galería de Arte Saira, de Vigo.
1998. Galería de Arte Saira, de Vigo.
1999. Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra. 1999.
2000. Liceo de Ourense, Sporting Club Casino de A Coruña, Casino Mercantil de Vigo e Club Náutico de Ponferrada (itinerante).
2005. Liceo Casino de Pontevedra.
2005. Alterarte 05 feira de arte. Estación de RENFE de Vigo.
2006. Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Pontevedra.
2006. Pazo de Mugartegui. Pontevedra.
2006. Mostra Mare 06 Feria de Arte. Combarro (Pontevedra).
2006. Alterarte 06 feria de arte. Estación de RENFE, Vigo.
2007. Sala de Exposicións do Clube Náutico de Sanxenxo.
2007. Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra. Sede de Vigo.

MENCIÓNS E PREMIOS
Diploma acreditativo por unha das súas obras, “Entre amigos”, presentada ó XIX Concurso Nacional de Pintura convocado en 2000 pola Federación Española de Círculos e Casinos Culturais.
2º premio no I Certame de Pintura Luso Galaica, organizado pola Asociación Artística Cultural de Pontevedra, en xuño de 2005, pola súa obra titulada “Tinto da casa”. Participou nunha Exposición Certame itinerante que percorreu varias localidades de España e Portugal entre as que destacamos Pontevedra, Ponte de Lima, Lanhelas (Casa de Antas), Monçao, Melgaço e Vilanova de Cerveira.
3º premio no II Certame de pintura “El vino y su entorno”, celebrado en Pontevedra en 2006, co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de orixe Rías Baixas, entre outros, pola súa obra “Bodegón en lila”.
Primeiro accésit, diploma e premio adquisición de obra no Concurso de Pintura convocado en 2007 polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, pola súa obra “Bodegón”.

CONTACTO
e-mail: poncerios@terra.es
Página web: www.mariaponce.es

Críticas

Crítica

María Ponce es una pintora vocacional y, como todos aquellos que hacen de su vocación un oficio, se desenvuelve en el mundo de la pintura con una soltura propia de los más arriesgados creadores. Al empuñar los pinceles y demás bártulos, propios de su oficio, siente el paraíso del color como...

Galerías

Galería
  • Pintura