Pasar al contenido principal

Alonso, Mónica

General

Categorías: 
Escultura

 
Mónica Alonso naceu en 1970.
 
Currículum
Doutora en Belas Artes. Universidade de Vigo. Tese titulada “O espazo doméstico na escultura contemporanea 1985-1995”.
Licenciada en Belas Artes na Universidade de Salamanca na especialidade de escultura.
Graduada en Artes Aplicadas. Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Lugo.
Estuda Belas Artes na Universidade de Salamanca na especialidade de escultura, tendo como profesores a Fernando Sinaga e a Concha Jerez. Realiza o seu doutorado na Universidade de Vigo coa tese titulada “O espacio doméstico na escultura contemporánea. 1985-1995”, na que estuda a obra de Louise Bourgeois, Mario Merc, Vito Acconci, Ilya Kabakov. Visita os estudos de Acconci e Kabakov para realizar a súa investigación.
En 1996 é seleccionada na XII Muestra de Arte Joven do Instituto de la Juventud, Madrid, que tiña como premio unha viaxe polos principais centros artísticos de Alemaña e Holanda.
Inicia a súa traxectoria artística en 1997 cunha exposición na prestixiosa sala Montcada da Fundación “La Caixa” de Barcelona, titulada: Despertar a la meva habitació. Comisariada entre outrxs por Alvaro Fominaya. Nela expón a obra Adosados 3, unha das súas creacións máis importantes. Exposta en 1998 na Bienal de Pontevedra, en 2005 no Centro Atlantico de Arte Moderno, para pasar a formar parte da colección permanente do Museo Provincial de Lugo. A obra é exposta 2021 para a exposición Galicia Futura.
En 1999 concédeselle a Bolsa Fenosa que a leva a Nova York a Acconci Studio. En 2001-2003 a Bolsa Endesa para as artes plásticas. En 2004 a Bolsa Fundación YADDO, Nova York. Isto leva a que entre 1999 e 2004 pase períodos de tempo nesta cidade.
En 2002 o Centro Galego de Arte Contemporánea adícalle unha exposición que a autora titula MITGA 1932-2020. Módulo Individual de Terapia Galicia, no que a autora manifesta con claridade a súa relación con Galicia e coa súa cultura.
En 2003 realiza a exposición SEMA no Museo Provincial de Lugo. Clínica de Percepción no Centro Torrente Ballester de Ferrol. Ambas son grandes intervencións espaciais que marcarán o devir do seu traballo.
En 2004 viaxa a Valdivia, Chile, para expoñer no Museo de Arte Contemporáneo. Realiza a gran intervención Amor nas Nubes con Lobos.
2005 é un ano especial para a artista, reside en Roma coa Beca da Academia de España en Roma. O seu proxecto centrábase na obra de Federico Fellini, cineasta que exerce influencia na súa obra.
Ata este momento Mónica Alonso viña centrando a súa investigación no proxecto Espazos Terapéuticos e Transplantes baseados na localización de esencias e instintos, dos que ten creado Dormitorios Terapéuticos e Transplantes de amor, fantasía, beleza, suicidio. A artista manifesta que todo o que transplanta parte dela.
En 2008 inicia outro proxecto centrado na Calor e no Frío. Recibe a Beca CAM de Arte Contemporáneo co proxecto: Do frío ao calor, do calor ao frío, pasando polo temperado. Lévaa a viaxar de lugares de frío a lugares de calor, Oslo, Sao Paulo, Patagonia Arxentina, Nord Kapp, Sahara.
A súa multidisciplinariedade a leva a realizar proxecto de colaboración: Next 8 Mostra Internazionale di Architettura, La Biennale di Venezia, Pabellón Español, 2002; Terapia Habitación de Hospital, Hospital Clínico Universitario de Santiago, CGAC, 2008-2010; Intervención cromática en Centro de Día en Maceda Ourense, 2009.
O seu interese pola arquitectura e a psicoloxía lévana a crear en 2012 a disciplina do Psicoespazo e as súas teorías. Deseña as terapias espaciais: Terapia Dormitorio da Infancia, Terapia Dormitorio, Terapia Habitación de Hotel, Terapia Habitación de Hospital. Esta última levaa a cabo no CHUS de Santiago de Compostela, na área de pediatría 2008-2010. En 2012 dá comezo a un dos seus proxectos máis ambiciosos: Percepción espacial e cromática do ser humano en diferentes culturas. Para obter os datos deseña un cuestionario que relaciona psicoloxía e cor. Utiliza programas estatísticos para presentar os resultados. Fixo aplicacións na cultura árabe, mexicana e galega. Estende a investigación a diferentes grupos sociais e realiza o proxecto: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a diferentes grupos culturais e sociais da cidade de Lugo. Mulleres árabes, xitanas, galegas, e grupos sociais, vítimas de violencia, cancro xinecolóxico.
Outro proxecto de psicoespazo é: Txdos somos únicxs. Sala Alterarte, Campus Universitario de Ourense. Neste proxecto aplica o cuestionario espacial e cromático aos alumnos do Campus. Destaca o estudo da percepción espacial coa proposta: Describe o teu cuarto de estudante. A autora pide aos alumnos que describan o seu cuarto de estudante para ela debuxalo interpretando a descrición.
Realiza as seguintes Residencias artísticas: Residencia Capacete Río de Xaneiro, 2009; Thownhouse Gallery Cairo, 2013; La Quiñonera México, 2015.
En 2015 recibe a Bolsa de Excelencia do Goberno Mexicano para a realización dun proxecto artístico. Dá inicio ao que será o gran proxecto: A maxia do colibrí. 6 casos desesperados, que exporá no Museo MARCO, Vigo, en 2020.
O proxecto actual da artista é a súa consideración de artista medium, que explica no seguinte texto: “O meu papel é de investigadora artística e terapeuta. Aplico cuestionarios para obter datos que paso a gráficos estatísticos e interpreto artisticamente os resultados. Como terapeuta manteño unha relación co espectador/paciente co fin de mellorar cuestións emocionais a través da cor. Pero sinto que a palabra terapeuta é demasiado ampla para definir o que eu fago, nin sequera terapeuta artística. A palabra coa que me encontro cómoda é médium que pon en contacto ao espectador coa execución da obra de arte. Mentres o científico se basea na experimentación e o terapeuta na aplicación, o médium ten capacidade creativa. É unha gran satisfacción ter chegado ata este punto. A miña relación co espectador é activa, participo das cuestión que o preocupan e das que o satisfán e podo mellorar a súa vida. Máis non son a primeira en chegar a este punto, quero continuar a obra da artista brasileira Lygia Clark (1920-1988), quen modificou a relación entre artista e espectador, convertendo a este en paciente e executor da obra. Con Clark xa se falaba da relación entre arte e clínica, ela insistía en traballar dende a arte. Eu quero aclarar que a creación que presento é arte”.
En 2022 é nomeada Académica de número da Academia Galega de Belas Artes.
 
Exposicións individuais:
2021. A maxia do colibrí, seis casos desesperados. MARCO Vigo.
2020. Txdos somos únicxs. Sala Alterarte, Campus Universitario de Ourense.
2015. El amor es una necesidad biológica. Sala de Exposiciones de La Quiñonera. México D.F.
2012. Estabilizadores Corporais, Galería SCQ. Santiago de Compostela
2011. Angustia Branca, Galería Tiziana Di Cairo. Salerno. Italia.
2011. Monica Alonso. Obras (1993-2011), Museo Provincial de Lugo
2011. Nostalxia de sol, Museo da Fonsagrada. Lugo.
2009. Urna funeraria, A última Cama, Galería SCQ, Santiago de Compostela, España.
2008. Frío, Galería SCQ, Santiago de Compostela
2008. Calor, Galería Tiziana di Caro, Salerno, Italia
2006. Color Carne, Galería May Moré, Madrid
2005. Transplantes de Beleza, Galería SCQ, Santiago de Compostela
2004. Amor en las Nubes, Museo de Arte Contemporáneo de Valdivia, Chile
2004. Latitudes 1, (xunto a Salvador Cidras), Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela
2003. Cama Vermella para Entorno Natural, Galería May Moré, Madrid
2003. Sema, Museo Provincial de Lugo
2003. Clínica de Percepción, Centro Torrente Ballester, Ferrol, A Coruña
2002. Produtos Pracer, Galeria VGO, Vigo
2002. MITGA 1932-2020, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
2000. MundoTerapia. Espacio para arte, Caja Madrid, Pontevedra
2000. Terapia Lugar de Felicidade. Galería de arte SCQ, Santiago de Compostela
1997. Despertar a la meva habitació (xunto a Daniel Chust). Sala Montcada da Fundación “La Caixa”, Barcelona
 
Exposicións colectivas:
2021. Galicia Futura. Museo Centro Gaiás, Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela.
2019. O poder da presenza. Proxecto Mulleres Mirando Mulleres. Sala de exposicións da Deputación de Lugo.
2018. EU... TI... ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS en rede. Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo. Museo Provincial de Lugo
2018. Modelo x armar. Arte en Galicia na colección CGAC. Santiago de Compostela.
Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e AFundación. Museo Centro Gaiás.
2017. Dende o panóptico. Cada ventá unha fiestra. Centro Cultural O Vello Cárcere, Lugo.
2016-2017. Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz. MARCO, Vigo.
2016. Experimenta 10+1. Centro Cultural Marcos Valcarcel, Ourense. Deputación de Ourense.
2016. Semente. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
2016. Somos Espazo. Simbioses creativas entre arte e arquitectura. Deputación de Pontevedra.
2015. INDIETTO. Roma X anni dopo. Real Academia de España en Roma.
2015. Como na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido. Pazo de Tor, Monforte de Lemos, Lugo.
2014. Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo. Festival Mirada de Mujeres.
2012. Obras da colección Gas Natural Fenosa. Palau de la Música i Congressos de Valencia.
2012. Coordenadas da arte galega contemporánea. Novacaixagalicia, Vigo.
2012. 73 x 73 x 273. Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.
2011. ARCO Madrid, Stand Galería SCQ.
2010. Miart, Fiera de Milano, Galería Tiziana di Caro.
2010. Fiera Arte Bologna, Galería Tiziana di Caro.
2009. Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia desde 1975. Fundación Caixa Galicia, Ferrol.
2009. Rexistros Abertos. Materias, contextos e narrativas na arte galega actual. Museo Provincial de Lugo.
2009. Parellas. Sala de exposicións do centro cultural Caixanova, Vigo.
2008. Art Forum Berlin, Galería SCQ, Berlín.
2008. Marxes e mapas. A creación de xénero en Galiza. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
2008. Outra xeografía. Arte desde Galicia. Centro Hispano-Americano de Cultura, Habana, Cuba.
2008. O espello cotiá. Novas incorporacións na Colección Caixa Galicia. Sede Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela.
2007. Fragmentos do todo. Arte español actual na colección do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, MACUF. Exposición itinerante por diferentes lugares de Europa en colaboración co Instituto Cervantes.
2007. Bienal de Escultura Riofisa 2007, Madrid.
2007. Mapas, cosmogonías e puntos de referencia. CGAC, Santiago de Compostela.
2007. ARCO 2007, Madrid, Galería SCQ.
2006. Bolseiros da Real Academia de España en Roma, Museo de la Ciudad, Madrid.
2006. Urbanitas. Actitudes urbanas na arte galega actual, MARCO, Vigo.
2006. ARCO 2006, Madrid, Galeria SCQ.
2006. Arquivar Tormentas. Colección ARCO e CGAC, CGAC, Santiago de Compostela.
2005. Art.fair 2005 Internationale Messe fur aktuelle Kunst, Colonia.
2005. Sínteses, 15 años de Becas Endesa, edificio Endesa, Madrid.
2005. Mirada Sesgada, Fondos da colección de arte Union Fenosa, MACUF, A Coruña.
2005. Spazi Aperti. Academia de Rumania, Roma.
2005. 26.55 Borsisti 2004-2005. Real Academia de España, Roma.
2005. ARCO 2005 Galería SCQ, VGO.
2004. Becarios Endesa 7, Museo de Teruel.
2004. Arte Lisboa’2004. Stand galería May More.
2004. Arquitecturas del sueño, CAAM, Las Palmas de Gran Canaria.
2004. No principio era a viaxe, 28 Bienal de Arte de Pontevedra.
2004. ARCO 2004 Madrid, Galería SCQ, VGO.
2004. The Studio Open Doors Festival, Dublín.
2004. 9ª Fiera Internazionale d’Arte, Milán, Galería May Moré.
2003. Arte Lisboa’2003. Stand galería SCQ, Stand galería VGO.
2003. Los Indisciplinados, MARCO, Vigo.
2003. Xogos de escala. Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela.
2002. NEXT 8 Mostra Internazionale di Architettura, La Biennale di Venezia, Pabellón Español.
2002. Doméstico’02, Siete estudios en una nave, Madrid.
2002. Arte Lisboa’2002, Stand galería SCQ, Stand galería VGO.
2002. Grace & Gravity, Galería Estrany de la Mota, Barcelona.
2002. 20 anos 20 escultores Galicia Escultura, Centro Torrente Ballester Ferrol, A Coruña.
2002. ARCO 2002, Galería SCQ.
2002. Figuraciones desde Galicia, Caja Madrid, Museo de Pontevedra, Pontevedra.
2001. Figuraciones desde Galicia, Caja Madrid, Centro de Arte Joven, Madrid.
2001. Contra a identidade, Galería Anexo, Pontevedra.
2001. Premio Auditorio de Galicia, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
2001. Divino Humano na representación escultórica da tradición aos nosos días. Museo Comarcal da Fonsagrada, Lugo.
2000. XI Bienal Nacional de Arte Ciudad de Oviedo.
2000. Cinco anos de arte xove. 1995-1999. Xunta de Galicia, itinerante.
2000. Da visibilidade para ler o mundo. Casa da Parra, Santiago de Compostela. Xunta de Galicia.
1999. ¿Finisterrae?, Propuestas del arte gallego. Casa de Galicia en León.
1999. Hábitat, Galería de Arte Carmen de la Guerra, Madrid.
1999. De ida e volta. O pasado vive no presente. Museo da Fonsagrada, Lugo.
1999. IV Bienal de Lalín, Museo Municipal Ramón Mº Aller Ulloa.
1999. Novos Camiñantes, Palacio de Congresos e Exposicións de Pontevedra.
1999. VI Muestra Unión Fenosa, Estación Marítima, A Coruña.
1999. IV Foro Atlántico de Arte Contemporánea, Galería SCQ.
1998. Fisuras na percepción. XXV Bienal de Arte de Pontevedra.
1997. III Bienal de Lalín, Museo Municipal Ramón Mº Aller Ulloa.
1997. Galicia Hoxe, 1990-1997, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
1996. Certame de artes plásticas Novos Valores, Deputación Provincial de Pontevedra.
1996. Sala dos Peiraos, Vigo.
1996. XII Muestra de Arte Joven (Instituto de la Juventud). Salas del antiguo MEAC, Madrid.
1995. Salón de “Arte Xove”, Ourense.
1995. Certame de artes plásticas Novos Valores, Deputación Provincial de Pontevedra.
1995. IX Certame galego de artes plásticas, Xuve 95. Casa da Xuventude de Carballo. A Coruña.
1994. Accésit Concurso Proyecto de Escultura Pública Ciudad de Salamanca 1994. Museo de Historia de la Ciudad.
 
Proxectos e colaboracións
2020. Investigación: Percepción espacial e cromática en alumnos do Campus Universitario de Ourense. Exposición Todxs somos Únicxs.
2018. Investigación: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas. Aplicación a diferentes grupos sociais e culturais da cidade de Lugo. Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo.
2015-2016. Proxecto: Cela Amarela Cor Carne Viva: 5 casos de arte confesión. Museo de Belas Artes da Coruña.
2015. Investigación: Percepción espacial e cromática na cultura mexicana. Residencia La Quiñonera Mexico D.F. Becada polo Goberno Mexicano.
2013. Investigación: Percepción espacial e cromática na cultura árabe. Residencia The Thownhouse Gallery O Cairo.
2008-2010. Terapia Habitación de Hospital. Asociación Sen marco. Hospital Clínico Universitario de Santiago. Centro Galego de arte Contemporánea.
2009. Proxecto de intervención cromática no Centro de Día de Maceda, Ourense. Colaboración co estudo Trespés Arquitectos.
2007. Peza escultórica para I Premio Muller e Ciencia “María Josefa Wonenburger Planells”
2004. Deseño museográfico da exposición A palabra da pintura, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela.
2004. The Way Home Project, Munich.
2002. NEXT 8 Mostra Internazionale di Architettura, La Biennale di Venezia, Pabellón Español. Artista colaborador do proxecto Comunidades verde+azul.
2001. Proxecto Media House, A vivenda é o ordenador, A estructura é a rede. Media Lab do Massachusetts Institute of Technology, Instituto Metápolis para a arquitectura avanzada, Fundación Politécnica de Cataluña, Mercat de les Flores, Barcelona.
 
Bolsas, premios e residencias
2022. Premio da Crítica de Galicia
2015. Percepción espacial y cromática en la cultura Mexicana. Residencia La Quiñonera, México D.F.
2015. Beca de Excelencia de Programas Especiales del Gobierno de México para extranjeros. Estancias de creación artística.
2015. Axudas a mobilidade para o sector creativo galego. MAC Fenosa.
2013. Residencia The ThownHouse Gallery, Cairo.
2009. Bolsa CAM de Arte Contemporáneo. Oslo, Sao Paulo. Residencia Capacete, Rio de Janeiro.
2005. Bolsa Academia de España en Roma, Becas MAE-AECI
2004. Bolsa Fundación Yaddo, Nova York. Coordina Museo Esteban Vicente Segovia, España
2001-2003. Bolsa Endesa para as artes plásticas
1999-2000. Bolsa de Creación Artística no estranxeiro Unión FENOSA, Nova York
1997-1999. Bolsa Predoutoral, Xunta de Galicia
1996. Seleccionada na “XII Muestra de Arte Joven”, organizada polo Instituto de la Juventud.
1995. Primeiro premio de escultura. IX Certame Galego de Artes Plásticas.
1995. Bolseira de Terceiro Ciclo, Xunta de Galicia (1994-1996)
1994. Accésit no concurso convocado polo Concello de Salamanca para a realización dun proxecto escultórico.
 
Obra en coleccións:
Centro Galego de Arte Contemporáneo.
Museo Provincial de Lugo.
Museo de Teruel.
Museo Esteban Rosa Bergondo, A Coruña.
Museo da Fonsagrada, Lugo.
Fundación Caja del Mediterraneo.
Fundación Endesa.
Fundación Caja Madrid.
Colección Abanca.
Colección Unión FENOSA.
Ministerio de Asuntos Exteriores. 
Instituto de la Juventud, Madrid. 
Diputación de Salamanca.
Deputación da Coruña.
Concello da Fonsagrada.
Coleccións privadas.
 
Comisariados: 
“A obra elixida. Artistas galegos dos últimos 30 anos”, Museo MIHL, Lugo.
“Colmeiro. Cor e sentimento”. Fundación Luís Seoane, A Coruña, 2021-22.
 
Libro publicado:
2011. A obra onírica de Carme Casbelisa. Deputación Provincial de Lugo.

Galerías

Galería 1
  • Escultura

Galería 2
  • Escultura