Pasar al contenido principal

Canabal, Lucía

General

Categorías: 
Artesanía

Lucía Canabal viviu durante oito anos en Londres, onde traballou no mundo da comunicación. Foi na capital Británica onde a súa paixón polo mundo da moda e as pedras semipreciosas a anima a estudar no prestixioso centro de Chelsea Collage of Art and Design. Coas súas cualidades para o deseño e a súa experiencia no sector da comunicación co-funda a súa primeira liña de xoias, que foi moi ben recibida. En 2004 regresa a España, concretamente á Coruña, a súa cidade natal, onde crea a súa propia colección coa marca Lucía Canabal. Ademáis dos seus deseños exclusivos e de pret-a porter, dispón dunha colección dedicada ós máis pequenos, denominada LC Baby, así como unha liña personalizada para regalos de empresa ou detalles para invitados de bodas, como alfileres, xemelgos, marcalibros... Hai un ano que inaugurou na Coruña Espacio+, un novo concepto de taller artesanal aberto con exposición de xoias, onde ademáis de expoñer e vender as súas creacións ofrece a posibilidade de que outros deseñadores poidan dar a coñecer o seu producto. As creacións de Lucía Canabal tamén se poden adquirir a través do seu blog: www.espaciomas.blogspot.com e da súa web.

Galerías

Galería
  • Artesanía