|
|
Primitivo Marcos Ferreiro nace en Lugo no ano 1962.
Dende moi novo empeza a debuxar influído polos grandes debuxantes clásicos de tebeos aos que admirou sempre.
A súa maior produción está dedicada ao cómic que ven publicando dende os anos 90 en diferentes revistas e para distintos Organismos. Principalmente de corte histórico e clásico destacan obras como “O Mariscal Pardo de Cela”, “Guillelme e Rosalía”, “María Castaña” ou “Almanzor”. Coa Deputación Provincial de Lugo publica tres caderniños apaisados de temática medieval que contan as aventuras dunha familia de fidalgos no século XIII. Esta publicación recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada no ano 2000.
Recentemente “El patito editorial” recompilou este material xa publicado e xunto con outro inédito, sacou á luz “Aventura no Camiño de Santiago I”.
No tocante a banda deseñada publicou ademais a serie “Xulieta” no xornal “El Provisional”, “Os Fdez” na revista Golfiño e máis recentemente “Os Fdez no corazón da noite” na revista Galimatías.
Como ilustrador traballou no diario “El Progreso” de Lugo e colaborou en gran número de publicacións de carácter educativo e didáctico. Ultimamente podemos destacar a súa participación no programa da TVG “Historias de Galicia” ou a ilustración do libro “De sol a sol” que en breve publicará a Deputación de Lugo.
Realizou exposicións tanto individuais como colectivas entre as que podemos destacar no Museo Provincial de Ourense dentro das “XII Xornadas de Banda Deseñada” (Individual); “Viñetas desde o Atlántico” Dez anos de Viñetas, dez anos de banda deseñada. A Coruña 2002 (Colectiva) ou “Historieta Galega, 1973-2008” no Auditorio de Galicia (Colectiva).
Na actualidade Primitivo está a traballar na segunda parte de “Aventura no Camiño de Santiago” e compaxina o seu traballo de debuxante e creador de tebeos co de profesor de inglés no Instituto de Secundaria María Sarmiento de Vivero, cidade na que vive dende 1992.
Contacto: primitivom@telefonica.net
|
|
|
 |
| ILUSTRACION |
 |
 |
Abraldes
|
 |
An
|
 |
Aparicio, Almudena
|
 |
Arias, Sabela
|
 |
Asensi, Jaime
|
 |
Baamonde, Eduardo
|
 |
Barcala
|
 |
Bisgue
|
 |
C. Isorna, Fausto
|
 |
Castro, Olalla
|
 |
Chao, Rodrigo
|
 |
Cobas, Xosé
|
 |
Covelo, Sergio
|
 |
Cráneo, Manel
|
 |
Crespo, Iria
|
 |
Cubeiro, Suso
|
 |
Cupeiro, Adrián
|
 |
Fernández Calo, Tucho
|
 |
Fernández, Mª Xosé
|
 |
Ferrer, Ánxeles
|
 |
Gochi
|
 |
Gogue
|
 |
Gutierrez, Santy
|
 |
Juárez, Fernando
|
 |
Lariño, Manuel
|
 |
Leandro
|
 |
López, Noé
|
 |
López, Noemí
|
 |
Lost, John
|
 |
Marcos, Primitivo
|
 |
Marín, Xaquín
|
 |
Martínez Pereiro, Xosé Luis
|
 |
Matalobos, José
|
 |
Muñiz, Jacobo
|
 |
Oti, Paco
|
 |
Paz, Marcos
|
 |
Pérez Cerviño, Ana
|
 |
Pérez, Omar
|
 |
Pintor, David
|
 |
Porto, Miguel
|
 |
Ríos, Emma
|
 |
Sabaite, Kristina
|
 |
Sánchez, Antía
|
 |
Sanmiguel, Juan
|
 |
Santos, Chema
|
 |
Seijas, Antonio
|
 |
Sendón, Luis
|
 |
Seoane, Marina
|
 |
Silvar, Calros
|
 |
Siro
|
 |
Uhía Lima, Manuel
|
 |
Vázquez Rico, Alberto
|
 |
Vázquez, Álex
|
 |
|
|