Pasar al contenido principal

Lampón, Rafa

General

Categorías: 
Pintura

Rafael Lampón González naceu en 1960, en Dodro, concello da ribeira do Ulla.

CURRÍCULUM
Realizou o bacharelato no Instituto Camilo José Cela de Padrón, e posteriormente os de Técnico en Contabilidade en Santiago. Despois do servizo militar iniciou os estudos universitarios de Ciencias Empresarias na USC e posteriormente na UNED.
Profesionalmente é funcionario dende o ano 1982, na actualidade adscrito á Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia.
Tanto os seus estudos como a súa actividade profesional teñen pouco ou nada que ver coa arte, pero o debuxo e a pintura sempre foi unha vocación que tivo dende neno, aportando á súa vida outra perspectiva distinta pero moi agradable.
A súa formación é autodidáctica, aínda que asistiu, fai anos, a talleres de artistas recoñecidos como Xurxo Martiño, en Santiago, e B. B. Brodard, a clases de debuxo e óleo.
Na actualidade fai traballos de acuarela sen esquecerse do debuxo a lapis e carbón; porque o que realmente lle gusta é o debuxo rápido e instantáneo, de primeira impresión, de apuro e compromiso, posuído por unha febre que pon en xogo tódolos sentidos, en definitiva, debuxar e pintar ó mesmo tempo, case rematar antes de empezar. Ten a teima que algún día o conseguirá.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2000. 1ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
2001. 2ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
2002. 3ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
2003. 4ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
2004. 5ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
2004. Mostra das Culturas, Boiro 2004.
2005. 6ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
2005. I Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
2006. II Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
2007. III Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
2008. IV Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
2009. V Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
2009. 7ª Arte Mostra Artistas en Padrón. Santiaguiño do Monte 2009.
2009. XII Premio de Pintura Terras de Iria.
2010. VI Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.

Galerías

Galería
  • Pintura