Pasar al contenido principal

Fuentes, Manuel

General

Categorías: 
Artesanía

Manuel Fuentes é un tallista vocacional autodidacta. Tras facer varios cursos de talla e restauración  que marcaron o comezo, realiza as súas obras a modo de afición dende fai uns quince anos, coa intención de plasmar a súa perspectiva artística e amosala ó mundo. Dende o ano 2008 posúe a Carta de Artesán, pasando a estar deste xeito, inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.
O seu labor actual céntrase na realización de varios tipos de talla sobre madeira, en varios tamaños e con distintos acabados. Lámpadas de pé ou sobremesa, marcos de espello ou portafotos, espellos xiratorios de sobremesa, e tallas a gran escala, protagonizan as súas máis recentes creacións.

Tódolos traballos cos que conta son feitos a man de xeito artesanal, e os materiais básicos que utiliza, dependendo de cada peza, son: metal, cristal, e madera, sendo a madeira a principal materia prima e que, xunto coa creatividade persoal, o particular uso das ferramentas, e a estética diversa nos acabados que abarcan dende a policromía, o barnizado, ou o envellecemento da madeira, fan de cada talla unha obra única.

Formación:
 1994-1995 Tallista de Madeira (600 h.), impartido a pola Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada. 
 1993-1994 Artesán Tallado e Modelado (650 h.), impartido pola Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada.

Exposicións:
2007. Exposición da colección Arte en Primavera na Galería Sargadelos de A Estrada (27 pezas en exposición).
2005. Exposición da colección Arume na Galería Sargadelos de A Estrada (44 pezas en exposición).

Galerías

Colección Arume
  • Artesanía

Colección Arte en Primavera
  • Artesanía

Colección Compostela
  • Artesanía