Pepa Mariño Rivas naceu en Pontevedra.
É licenciada en Dereito Autodidacta, realizou varios cursos relacionados coa pintura e utilización de materiais de reciclaxe. Traballos de escultura, pintura, tapiz, instalación…
EXPOSICIÓNS...
Guerrero Rico, María
General
Currículum:
Mestra villalbesa. Debuxante e ilustradora por afición e necesidade persoal. Esta afición foi herdada da súa nai quen guiou as súas primras liñas sobre calquera soporte que atopaba, e que resultaba válido para os seus debuxos infantís. Medrou pois entre lenzos, pinceis e pinturas. O seu xeito de debuxar caracterízase por empregar os mínimos trazos posibles e gosta de representar aquelo que a rodea, as cousas sinxelas da vida cotiá e sobre todo o mundo feminino.
Obras:
Colaborou na edición de varios libros de poemas como: "No soño dos ollos" de Xosé Lois García, "Doce Ducias", "No perfil das verbas" de Mero Iglesias ou nun libro do mesmo autor dirixido ao público adolescente "No baleiro dunha soidade". En 2022 ilustrou o libro "Imos coller niños novos" de Xosé Otero Canto, sobre a poesía galega de Francisco de Fientosa. Con estes debuxos publicouse unha carpeta de láminas, que se recollen nesta galería de artista.
É tamén colaboradora habitual da asociación cultural 'Xermolos', con láminas, carteis ou exposicións compartidas con outros debuxantes.