Rosa Álvarez Jove reside en Cabanas, Pontedeume (A Coruña).
Un día fai xa moitos anos xunto coa natureza descubríu, a pintura... a súa primeira paixón. Tras anos dedicada a ela, xa de muller, descubríu o barro... toda a súa forza. Neste terreo empezou modelando, realizando traballos a man...
Martínez, Ángel
General
Ángel Martínez naceu en Corme (A Coruña) o 20 de Xaneiro de 1968.
CURRÍCULUM
É fotógrafo afeccionado, dende que lle deixaron utilizar unha cámara que trouxera un tío seu do estranxeiro.
Nunca lle gustaron demasiado as fotos que tomaba ata que conversando coa xente, foi consciente de que cando os recordos morren, alí están as imaxes para recordarnos que o mundo estaba aquí antes de nacer nós.
Agora, adícase a deter os fotogramas da actualidade, por se lle sirven a alguén para coñecer de onde ven e así ter máis claro a onde vai.
É o fotógrafo oficial -non remunerado- da páxina oficial da localidade de Corme: www.corme.net, e da páxina de "Humanidades, pensamiento y creatividad" de José Ramón Varela: www.usuarios.lycos.es/jrvarela, e ademáis, para distintos establecementos hosteleiros e comerciales de Corme e para todos aqueles amigos que lle piden algunha imagen.