Pasar al contenido principal

Sastre, Ana

General

Categorías: 
Escultura

 
Ana Sastre Soriano, naceu o 9 de abril de 1951, en Las Navas del Marqués (Ávila), ainda que vive en Galicia dende os 21 anos.
É artesana, escultora, polifacética...
 
FORMACIÓN
Mestra e diplomada en Educación Física, Música e Plástica.
Diversos cursos de maquetas, barro, escaiola, moldes, monicreques…
 
TRABALLO
Adicouse á ensinanza, ata que a incapacitación por enfermidade levouna a descubrir máis “cousas” no seu interior, traballando con diversos materiais e técnicas, especilizándose no reciclado de papel para as súas creacións:
Comezou polos monicreques e cabezudos (Foto 1 da Galería 1: O pirata).
Logo chegaron os xoguetes (Foto 2 da Galería 1: A vaquiña).
Despois os disfraces (Foto 3 da Galería 1: Silver).
Os bonecos para bodas (Foto 4 da Galería 1: Pablo e Nuria).
Os obxectos de decoración (Foto 5 da Galería 1: Mascarón de proa/lámpada).
A restauración (Foto 6 da Galería 1: Calendario agrícola nunha árbore-armario).
E a escultura (Foto 7 da Galería 1: Guerreiro de Siam).
Ata chegar á súa obra máis querida: as Réplicas de Virxes Medievais (Galería de Virxes Medievais).
Sempre utilizando pasta de papel e madeira, e coidando tódolos seus detalles. Nesta etapa impartíu obradoiros no concello de Sada.
Colaborou tamén co teatro afecionado como directora artística, no deseño e a elaboración do vestiario, decorados...
Actualmente traballa no proxecto de reunir unha colección de Vírxes Románicas e Góticas de Galiza, as esquecidas e case descoñecidas, figuras femininas, buscadas polas pequenas aldeas mosteiros e algún museo, e que esperamos, vexan moi cedo á luz. Todas xuntiñas, como é o seu desexo, coma homenaxe ao papel da muller.
 
EXPOSICIÓNS
2002. Fixo a súa primeira exposición cos monicreques, na Casa da Cultura, en Sada (A Coruña).
2010. No Centro Cívico de Arteixo organízase a primeira das mostras das súas Virxes Medievais que proceden na súa maior parte de León, aínda que hai de Asturias, Cataluña, Navarra…
2011. Exposición na sala municipal “Os Toriles”, en Las Navas del Marqués, donde volve en agosto do mesmo ano, trala espectación despertada, coincidindo coa festa medieval da vila.
2011. En xuño/xullo, na Capela de San Roque en Sada presenta algunha das virxes das anterioes exposicións, máis as novas que vai facendo pensando xa no proxecto 'Galicia'.
2011. Participa nunha mostra colectiva de artesáns de Las Navas del Marqués.
2012. Na igrexa de pesqueiras, invitada polo escritor chantadino Xosé Lois García (maravillosa persoa) e os Amigos do Románico de Chantada. Onde vivíu un vibrante acto, reivindicando, a mellora na conservación do noso patrimonio cultural. Elaborou para este acto, unha réplica da virxe do século XII, desaparecida no 1999, nun incendio-roubo, con tan só unha foto frontal; “Volveu a Virxe”.
2014. Expón as súas réplicas de Vírxes Románicas baixo o título "Madres del Medievo" en Betanzos por invitación da coral, no seu 45 aniversario.
2014. Na Casa-Museo de María Pita na Coruña.
En tódalas súas exposicións ten un pequeño recuncho, obradoiro en vivo, para mostrar aos interesados como fai o seu traballo.

Galerías

Galería 1
  • Escultura

Galería de Virxes Medievais
  • Escultura