Pasar al contenido principal

Taboada, Rosa

General

Categorías: 
Fotografía

 
Filósofa de formación, fotógrafa e directora.
 
Premio Deputación da Coruña 2022 para a curtametraxe "Os vestixios do Reino Medieval de Galicia na Catedral de Santiago" coa actriz: Melania Cruz.
Premio de Ensaio Audiovisual Xohana Torres 2020 do Concello de Santiago e USC coa súa obra "Na Procura da Luz" un filme documental sobre a poetisa Luz Pozo Garza.
Finalista en 2019 do XIV Premio Fotográfico Luis Ksado cunha serie de fotogramas da súa curtametraxe "Os Paraísos Artificiais" proxecto realizado baixo supervisión do cineasta Víctor Erice.
Finalista do I Premio Mahou Barrica de Narrativa Audiovisual con "Camiño de Inverno - Winter Way" que realiza grazas a unha Beca "12 Miradas Riverside" Hijos de Rivera coa Galería de arte Vilaseco.
I Premio no VII Certame Curtas Asociación Socio-Pedagóxica Galega curtametraxe «Rosalía» coa actriz Melania Cruz.
Seleccionada polo prestixiado Comisario Christian Caujoulle para participar e expoñer a súa fotografía nos Reencontros de Arlés (Francia).
Seleccionada para expoñer no Colegio de España en París (Francia).
Taller "Arte de exhibir. Teoría e práctica do comisariado" con Manuel Fontán del Junco, 2018. CBA, Madrid.
A súa formación na fotografía comeza en 2006 con maestros de recoñecida talla como Isabel Muñoz, Ralph Gibson, Paolo Roversi, Antoine d’Agata ou Ellen Kooi, entre outros.
En 2021 funda a produtora MARTELA FILMS empresa invitada polo Zinemaldia (Festival de cine de S. Sebastián) dentro do MEET THEM 2022.

Galerías

Fotografía
  • Fotografía