Pasar al contenido principal
iniciar sesión

Villarino, Xulio

General

Categorías: 
Fotografía

Xulio Villarino nace o 21 de xullo de 1969 en Fazouro, Foz (Lugo), e reside dende hai sete anos no Porto de Bares, Mañón (A Coruña).

CURRÍCULUM
Diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo.
A súa formación fotográfica é autodidacta. Iníciase na fotografía ós 16 años, e en 1993 comeza a súa carreira como fotoperiodista en "La Voz de Galicia", diario no que traballou, nas edicións da Mariña (Lugo) e Vigo, ata o año 2001 en que decide adicarse ó fotoperiodismo de xeito independente.
Na actualidade as súas reportaxes de producción propia son distribuidos pola "Agencia Contacto" de Madrid ó tempo que é colaborador de medios como El País Semanal, Geo o El Semanal.

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
- 'Ritmos Sacros' na Sala COAG da Coruña en 1997.
- 'El Éxodo Kosovar' na Sala Expovoz de Vigo en 2000.
- 'Crónicas Mestizas' na Fundación Penzol de Vigo en 2000.
- 'La Felicidad de la Nada' na Casa de Galicia en Madrid en 2000, itinerante por Galicia nas salas de Caixa Galicia en 2001 e no Museo do Bierzo 2002.
- 'Crónicas Viajeras', antoloxía de viaxes, na Casa das Artes de Vigo en 2001.
- 'Mundo Celta', no claustro do concello de Ortigueira en 2002.

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
- 'Galicia en Foco', do Clube de Prensa de Ferrol nas edicións de 1993 a 2003 itinerante por Galicia.
- 'Terras Esgazadas' na IX Fotobienal de fotografía, Vigo 2000
- 'Chapapote' organizada polo Aquarium Finisterrae da Coruña na que participan fotoperiodistas de toda España. 2003
- 'Los nuevos Españoles' no Círculo de Bellas Artes de Madrid, xunto a Isabel Muñoz, García Alix, Miguel Trillo e Kim Manresa. 2003.
- 'Fotoperiodismo Lucense' na Fundación Caixa Galicia de Lugo en 2004.
- 'Marea Negra' en Barcelona e Oslo (Noruega), traballo distinguido co Premio Fuji Europress Noticias, 2003.

PREMIOS
- Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica, 1998, pola súa serie sobre a publicidade en espacios urbanos.
- Fuji Europress Photo Awards ó mellor fotoperiodista español e mención de honra concedida na fase europea en Grecia, 1999 polo éxodo en Kosovo.
- Premio Injuve (Instituto de la Juventud) en Madrid, finalista, 1999 pola serie Anna, unha viaxe portuguesa.
- Premio Liga Profesional de Fútbol, Madrid, 1999, polo seu traballo sobre o Celta de Vigo.
- Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, Ourense, 1999,ó seu traballo xornalístico nese ano.
- Premio Ortega y Gasset concedido polo xornal El País, Madrid, 2000 polas súas reportaxes sobre Kosovo.
- Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña, Madrid, accésit en 2000 polo éxodo en Kosovo e accésit en 2001 por Terremotos en Turquía.
- Premio Fuji Europress categoría Viajes 2002 polo seu traballo Hambruna en Guatemala.
- Premio Fuji Europress categoría Noticias 2003 pola súa serie Marea Negra.

OUTRAS ACTIVIDADES
- Imparte a conferencia Enviado Especial nos cursos de Veran da Universidade Pontificia de Salamanca. 2000.
- Exhibe as series 'Vares', 'La Memoria del Océano' e 'Kosovo' no Festival 2002 de Zahara de la Sierra (Cádiz).
- Proxecta o traballo 'Hambruna en Guatemala' no Festival Internacional de Fotoperiodismo Ciudad de Gijón na Semana Negra de Gijón. 2002
- Exhibición do documental 'Marea Negra' nas noites de Photoespaña e no Festival Proyecta'03 en Madrid, Barcelona, Sevilla, Castellón, etc... En 2003
- Proxecta no Festival Visa pour L’Image de Perpignan (Francia) o traballo 'La Marea Negra del Prestige'. 2003
- Proxecta 'Mi Diario' no Festival Proyecta'04 en Madrid. 2004
- A partir de xaneiro de 2002 pon en marcha a páxina web www.xuliovillarino.com
- Durante 2003 publica 'Diario', unha iniciativa nova que funciona como unha ventana diaria á súa vida a través da páxina web www.xuliovillarino.com, que actualiza cada día.
- Dirige o festival Noites de Luz, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, que trimestralmente proxecta traballos de autores das novas vanguardias da fotografía española. Viveiro (Lugo) 03-04
- Imparte distintos talleres e conferencias sobre fotografía dixital en Ourense e Viveiro (Lugo) en 03 e 04.

Galerías

Galería
  • Fotografía

  • Galería
    Galería
    Galería
    Galería
  • Galería
    Galería