Pérez Rilo, Ricardo

Categorías: 
Pintura

Ricardo Pérez Rilo nace en O Ferrol (A Coruña) no ano 1956. CURRÍCULUM Iníciase no mundo da pintura da man do pintor ferrolán Juan Galdo ós 14 anos. A aprendizaxe co seu mestre durou dous anos, a súa formación posterior ten carácter autodidacta. Nos anos oitenta dedícase brevemente á ilustración de libros Infantís e xuvenís para Editoriais coma Xerais e Edicións do Cumio formando parte da asociación Galix. Participa tamén en encontros de autores e Ilustradores con rapaces nas escolas, organizados pola Consellería de Cultura.