CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN TELMO 2011- Tui

Categoría: 
Carteles
Fecha: 
Viernes, 25 Marzo, 2011
Convoca: 
Concellería de Cultura do Concello de Tui
Tema: 
O asunto das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: “Tui, festas de San Telmo 2011, 23 de abril – 2 de maio. Festas de Interese Turístico Galego”.
Bases: 

Bases que rexeran no concurso para a elección do cartel anunciador das festas de San Telmo da cidade de Tui do presente ano 2011
As presentes Bases teñen por obxecto o regulamento dun concurso para o deseño do Cartel Oficial das festas de San Telmo da cidade de Tui do ano 2011 que convoca a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Tui.
PRIMEIRA: Obra a presentar:
É obxecto deste concurso a elección do cartel anunciador das festas patronais da cidade de Tui para o ano 2011.O gañador deste concurso obrígase a presentar no Concello as seguintes adaptacións do cartel ganador:
1.- Cartel con insercións de logotipos oficiais que serán facilitados polo Concello de Tui.
2.- A adaptación, se fose o caso, do cartel para a súa gravación en produtos promocionais, en varios tipos de tamaños, e a dúas cores. Os datos e características para as adaptacións serán facilitados polo Concello.
SEGUNDA.- Participantes:
Poderán participar no concurso tanto persoas físicas como xurídicas, individualmente ou en equipo.
TERCEIRA.- Tema, características técnicas, rotulación e lema:
A.- Tema:
A.1.-O asunto das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: “Tui, festas de San Telmo 2011, 23 de abril – 2 de maio. Festas de Interese Turístico Galego”.
A.2.-Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, non tendo sido presentados a outros concursos, e os seus autores serán responsables perante o Concello de Tui e fronte a terceiros, do cumprimento do establecido nestas bases. O incumprimento deste apartado dará lugar á exclusión do concurso, á marxe das consecuencias legais que poidan derivarse.
A.3.-No caso de que os carteis conteñan algún tipo de elemento non orixinal, para ser adaptado na presentación do traballo orixinal, o/s autor/esdeberán dispoñer dos dereitos de reprodución pertinentes que terán que presentar co resto da documentación.
B.- Características técnicas:
B.1.-As obras presentadas serán de concepción e técnicas libres, sempre que sexa posible a súa reprodución.
B.2.-Os carteis presentaranse montados a sangue sobre cartón pluma ou soporte ríxido sen cristal protector nin marco. O seu formato será vertical e o tamaño será de 50 cm de ancho x 70 cm de altura.
B.3.-Os autores deben realizar as súas obras tamén mediante sistemas informáticos có correspondente soporte dixital ou similar con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotólitos, unha ficha técnica dos procedementos empregados, incluíndo as fontes utilizadas e, se fora o caso, os orixinais das imaxes dixitalizadas no seu formato tiff, jpeg ou outros de uso público.
B.4.- Non se admitirán imaxes dixitalizadas en formatos de programas sometidos a dereitos e/ou licenzas de uso que non permitan o uso público destes.
B.5.- Non se establecen límites na composición artística dos carteis, quedando á total liberdade do/s seu/s autor/es a elección de cores e o número destes, representacións gráficas, motivos pictóricos, etc.
C.- Lema:
Na parte traseira dos traballos figurará un lema que servirá para preservar a identidade do autor ata o veredito do Xurado. Cada concursante poderá presentar como máximo dous traballos, cun lema diferente para cada un deles.
CUARTA.- Premios:
Establécese un premio único de 500,00 euros. Os ganadores quedan sometidos ás disposicións fiscais vixentes, especialmente no referente ás retencións fiscais, que serán aplicadas polos Servizos económicos do Concello.
QUINTA.- Presentación:
5.1.- O prazo de entrega e recepción dos traballos rematará o día 24 de marzo de 2011.
Para a recepción de envíos por correo só se admitirán aqueles traballos que se reciban ata a devandita data.
5.2.- Os traballos presentaranse ou enviaranse, debidamente embalados e libres de portes, ao Concello de Tui, Praza do Concello, 1 – 36700 Tui en días hábiles de 9'00 a
14'00 horas ou á Biblioteca Municipal, rúa Colón, 2 – 36700 Tui de 09,00 a 14,00 e de
16,30 a 20,30 e os sábados de 09,00 a 13,00 horas.
5.3.- Nun sobre pechado incluírase o nome e apelidos do autor ou autores do/s traballo/s, documento nacional de identidade, pasaporte ou documento identificativo nacional do participante, enderezo/s e teléfono/s de contacto e unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito, así como cantas autorizacións deba axuntar.
No caso de persoas xurídicas deberán aportar documentación similar á anterior pero referida a sociedades.
5.4.- No exterior do sobre indicado, aparecerá, en letras maiúsculas, o mesmo lema que figure na obra presentada, sen constar alusión algunha que permita identificar ao concursante, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
5.5.- Nas obras enviadas por correo ou axencia de transportes farase constar o día e hora da súa entrega, sen que exista mención algunha do remitente.
SEXTA.- Xurado
6.1.- A selección e concesión do premio do Concurso realizarase a proposta dun xurado nomeado por resolución municipal da Alcaldía-Presidencia. O xurado estará constituído por un presidente e 4 vogais nomeados pola Alcaldía. Actuará como secretario do Xurado un funcionario municipal.
6.2.- O Xurado constituírase e reunirase co obxecto de emitir o seu veredicto. En primeiro
lugar, comprobará unha a unha todas as obras presentadas para verificar o efectivo
cumprimento das condicións establecidas nas presentes bases e, en consecuencia,
pronunciarse sobre a súa admisión definitiva.
6.3.- O Xurado, para formular a súa proposta de concesión do premio, valorará, ademais da concepción, a súa calidade gráfica ou plástica, a súa eficacia anunciadora ou informativa e as súas condicións de reprodución.
6.4.- O Xurado poderá declarar deserto o premio no caso de considerar que ningún dos traballos presentados reúnen os méritos suficientes para ser premiados.
6.5.- As decisións do Xurado serán, en todo caso, inapelables. Os concursantes, polo mero feito de participar neste concurso, renuncian expresamente ao exercicio de calquera tipo de reclamacións contra as resolucións daquel.
6.6.- O Xurado elevará ao órgano municipal competente a proposta do premio que corresponda outorgar.
6.7.- A decisión do Xurado farase pública, xunto cos nomes das persoas que o compoñan, no Taboleiro de Edictos deste Concello, sen prexuízo da correspondente notificación ao ganador do concurso e da súa publicación polos medios que o Concello estime oportunos.
SÉTIMA.- Exposición pública.-
7.1.- Unha vez adoptado o veredicto, o Xurado realizará, se fose o caso, unha selección das obras presentadas e admitidas a concurso, coas que o Concello organizará unha exposición que será anunciada previamente, no lugar e data que determine.
7.2.- Os concursantes que desexen manter o seu anonimato na indicada exposición, manifestarano expresamente nos datos que se achegan no interior da plica cerrada.
OITAVA.- Traballo premiado.-
8.1.- O traballo premiado quedará en propiedade exclusiva do Concello de Tui. Poderá ser reproducido para anunciar o evento e facer o uso promocional que se estime conveniente, con mención do seu autor ou autores.
8.2.- O Concello queda facultado para introducir modificacións no cartel premiado se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión, ou fora necesario adaptalo para o seu uso en outros soportes promocionais ou artísticos, incluída a reprodución total ou parcial del traballo.
NOVENA.- Traballos non premiados.-
9.1.- Os traballos non premiados poderán ser recollidos ou reclamados, a portes debidos,trala solicitude dos seus autores, unha vez resolto o  concurso e realizada a exposición pública destes, dentro dos 30 días seguintes ao remate da citada exposición.
2.- Se no prazo indicado non se tiveran retirado, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor do Concello de Tui, que poderá destruílos ou darlles o destino que considere máis conveniente, que poderá incluír, entre outras medidas, a súa edición ou impresión por parte deste Concello.
DECIMA.- Normas finais.-
1.- O feito de participar no concurso implica o coñecemento e a aceptación por parte de todos os concursantes das presentes bases, motivo polo cal non poderán impugnalas unha vez formalizada a presentación.
2.- En todo o non previsto nestas Bases os órganos competentes do Concello, en cada caso, quedarán facultados para resolver as dúbidas que se presenten e chegar aos acordos necesarios para o bo desenvolvemento do concurso.