Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
GALERÍAS 
Arquitectura 
Artesanía 
Deseño Gráfico 
Deseño Moda 
Escultura 
Esmalte 
Fotografía 
Gravado 
Ilustración 
Multimedia 
Pintura 
LITERATURA 
Biblioteca dixital 
Letras Galegas 
Língua e literatura 
DIRECTORIO 
Artesanía 
Danza 
Fundacións e patronatos 
Museos 
Música 
Salas /expo. 
Teatro 
Tradicións  
Xunta 
CONCURSOS 
Concursos e premios 
ENLACES 
Asociacións 
Comunicación 

 ALTA DE ARTISTA   ACTOS   FOROS   INICIO   CONTACTO 
  [VOLVER
A compositora Zeltia Montes gaña o Premio Jerry Goldsmith pola música de Pradolongo  
O Congreso Internacional de Música de Cine Ciudad de Úbeda outórgalle o premio á mellor música en longametraxe pola banda sonora da película que foi gravada pola Galicia Filme Orquestra na Coruña.

Temos o pracer de informar que a música de Pradolongo, da man da súa compositora Zeltia Montes, ven de facerse co premio máis importante dos que se conceden no congreso internacional especializado en música de cine "Ciudad de Úbeda". Este congreso é un evento de carácter internacional adicado especialmente á música cinematográfica, no que durante catro días teñen lugar proxeccións, charlas e concertos ao que asisten os recoñecidos profesionais. Ao certame deste ano asisten entre outros Jaume Balagueró, Carles Cases, Christopher Slaski, Roque Baños, Juan Antonio Bayona e Alberto Iglesias. No Congreso concédeselle cada ano unha atención especial aos novos compositores da man do premio Jerry Goldsmith a novos creadores, que sirven como recoñecemento e apoio aos compositores que se están iniciando no eido audiovisual. Como sinalamos, a gañadora desta edición é Zeltia Montes pola música de PRADOLONGO. Nacida en 1979, Zeltia é compositora de música para cine, televisión e música contemporánea. Cursou estudios no Real Conservatorio de Música de Madrid, na Escola de Música de Madrid e na prestixiosa ¨Berklee College of Music¨, onde se especializou en música de cine e onde se graduou obtendo unha dobre licenciatura nas especialidades de Composición e Films Scoring, recibindo o máximo premio Fin de Carreira Summa Cum Laude. Foi elexida compositora da nova orquestra Berklee Contemporary Symphony Orchestra paraa tempada 2007 - 08, e da prestixiosa Orquesta de Música Contemporánea ALEA III. Dende maio de 2008 reside en Los Ángeles. Logo do seu exitoso paso polas salas comerciais, PRADOLONGO será proxectada este verán por toda Galicia nas sesións especiais de cine de verán nas que colabora Mr. Misto e a Deputación de Lugo. Producida por Vía Láctea Filmes PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense. Tamén contou coa coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alberto Pereira
2008-07-11

 
OTRAS NOTAS
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
Agadic apoia 572 funcións e concertos ata finais de 2010
o Centro Coreográfico Galego abre unha nova etapa e aposta pola formación
Xacobeo Classics reúne un gran elenco na estrea da ópera Parsifal, de Wagner
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
Inaugurada a XV Feira do Libro de Foz
O grupo británico Placebo, no San Froilán da man do Xacobeo 2010
A mostra Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!, en Arteixo ata o 27 de agosto
O Compostela Organum Festival arranca o Ciclo de Verán na Igrexa das Ánimas
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
 

 

Museos | Pintura | Escultura | Gravado | Letras Galegas | Fotografía | Comunicación
Teatro | Música | Danza | Artesanía | Tradicións  | Língua e literatura | Xunta
Fundacións e patronatos | Asociacións | Deseño Gráfico | Biblioteca dixital | Salas /expo. | Concursos e premios | Ilustración
Artesanía | Multimedia | Arquitectura | Esmalte | Deseño Moda | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados