Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
GALERÍAS 
Arquitectura 
Artesanía 
Deseño Gráfico 
Deseño Moda 
Escultura 
Esmalte 
Fotografía 
Gravado 
Ilustración 
Multimedia 
Pintura 
LITERATURA 
Biblioteca dixital 
Letras Galegas 
Língua e literatura 
DIRECTORIO 
Artesanía 
Danza 
Fundacións e patronatos 
Museos 
Música 
Salas /expo. 
Teatro 
Tradicións  
Xunta 
CONCURSOS 
Concursos e premios 
ENLACES 
Asociacións 
Comunicación 

 ALTA DE ARTISTA   ACTOS   FOROS   INICIO   CONTACTO 
  [VOLVER
O Museo da Cornamusa da Deputación de Ourense acolle o legado musical do gaiteiro José Posada  
O legado musical do gaiteiro ourensán José Posada, que viviu a maior parte da súa vida en Cuba, e do grupo que fundou en La Habana O Quinteto Monterrei, será conservado no Museo da Cornamusa da Deputación de Ourense.

O legado musical do gaiteiro ourensán José Posada, que viviu a maior parte da súa vida en Cuba, e do grupo que fundou en La Habana “O Quinteto Monterrei”, será conservado no Museo da Cornamusa da Deputación de Ourense, gracias ao legado que a familia de José Posada fixo á institución ourensá para a súa conservación, exposición e investigación. No acto de presentación que tivo lugar na Deputación de Ourense participaron José Luis Foxo, director da Escola de Gaitas da Deputación, e o investigador Óscar Ibáñez, autor dun documentado traballo de investigación sobre a vida de José Posada e a música galega en Cuba da primeira metade do século XX. O legado do músico consta de elementos históricos de gran valor artístico e cultural, como son dúas gaitas, unha caixa, partituras, libros e diversas ferramentas utilizadas polo mestre gaiteiro e músico José Posada para construír gaitas e outros instrumentos de maneira artesanal. José Posada naceu na Rabela, onde recibiu a súa primeira formación musical e como artesán da gaita, e emigrou a Cuba en 1911, con 20 anos de idade. Logo de realizar diversos traballos, consolidouse como músico fundando en 1934 o quinteto “Monterrei” xunto co outros músicos galegos. Durante anos actuou nos principais salóns de baile da illa caribeña, dentro de eventos chamados naquela época “Bailes Dominicales de la Sociedad de Recreo en Cuba”. A exposición cos instrumentos e material musical de José Posada formará parte dunha mostra que no vindeiro mes de febreiro exporase na Casa de Galicia en Madrid con motivo do Xacobeo, actividade que permitirá, segundo José Luis Foxo, “promocionar a nosa cultura musical de Ourense e o noso Museo da Cornamusa”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense
2010-01-28

 
OTRAS NOTAS
Dous autores galegos, na Lista de Honra do IBBY 2010
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Expertos en literatura infantil e xuvenil reúnense no Centro Ramón Piñeiro
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
Agadic apoia 572 funcións e concertos ata finais de 2010
o Centro Coreográfico Galego abre unha nova etapa e aposta pola formación
Xacobeo Classics reúne un gran elenco na estrea da ópera Parsifal, de Wagner
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
 

 

Museos | Pintura | Escultura | Gravado | Letras Galegas | Fotografía | Comunicación
Teatro | Música | Danza | Artesanía | Tradicións  | Língua e literatura | Xunta
Fundacións e patronatos | Asociacións | Deseño Gráfico | Biblioteca dixital | Salas /expo. | Concursos e premios | Ilustración
Artesanía | Multimedia | Arquitectura | Esmalte | Deseño Moda | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados