Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
GALERÍAS 
Arquitectura 
Artesanía 
Deseño Gráfico 
Deseño Moda 
Escultura 
Esmalte 
Fotografía 
Gravado 
Ilustración 
Multimedia 
Pintura 
LITERATURA 
Biblioteca dixital 
Letras Galegas 
Língua e literatura 
DIRECTORIO 
Artesanía 
Danza 
Fundacións e patronatos 
Museos 
Música 
Salas /expo. 
Teatro 
Tradicións  
Xunta 
CONCURSOS 
Concursos e premios 
ENLACES 
Asociacións 
Comunicación 

 ALTA DE ARTISTA   ACTOS   FOROS   INICIO   CONTACTO 
  [VOLVER
Presentado en Rianxo o proxecto de catalogación universal da obra de Castelao  
Diante do monumento a Castelao, o conselleiro de Cultura da Xunta reivindicou a universalidade da cultura galega a través de proxectos como a catalogación da obra do escritor e galeguista recoñecido.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela asistiu á presentación do Proxecto de Catalogación universal da obra de Alfonso Rodríguez Castelao, iniciativa común levada a cabo pola Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Castelao. O conselleiro considerou esta iniciativa como “a mellor homenaxe posible a unha das figuras totémicas da cultura do noso país, pois supón a culminación, simbólica, significativa e produtiva, da viaxe de retorno emprendida en 1984, cando os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres”. O acto contou coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Diego Calvo, o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, e unha representación das autoridades locais. Tras o acto celebrado no Auditorio Municipal, realizouse unha ofrenda floral diante do busto do escritor. Para Roberto Varela, “este emprazamento simbólico pola relevancia de Castelao dentro e fóra das nosas fronteiras convértese no lugar idóneo para reivindicar, unha vez máis, a universalidade da cultura galega”. O conselleiro avogou por “traballar incansablemente a prol da difusión internacional e a promoción dos nosos autores”. Neste sentido, Roberto Varela asegurou: “o meu compromiso en defensa da nosa cultura é irrenunciable”. Roberto Varela lembrou o traballo que Castelao realizou durante tres lustros, “por e para Galicia, máis alá das nosas fronteiras, fixo que quedaran pegadas da súa inxente produción artística en cidades tan dispares coma A Habana, Nova York ou Moscova, e, por suposto, en múltiples lugares de Sudamérica”. A dispersión da súa obra responde, segundo Varela, “ás desafortunadas circunstancias históricas que moveron a Castelao ó exilio”, así como, “á súa natural curiosidade polas diversas expresións creativas do seu tempo, ó seu afán de universalizar a nosa cultura sen renunciar ás súas raíces”. A labor de recuperación, dixitalización e catalogación da obra deste galego universal supón reimportar a Galicia o seu legado, un total de máis de tres mil obras gráficas. Segundo Varela, valorizar o noso patrimonio artístico e histórico significa, “ante todo, mantelo vivo, permitir que siga xerándose ó seu redor coñecemento e cultura”. Roberto Varela definiu a catalogación que se presentou hoxe como “un proxecto en expansión, que constitúe dende xa mesmo unha óptima base de datos, unha ferramenta en rede que axilizará a divulgación da extraordinaria obra de Castelao”. “Era moi importante actuar inmediatamente, evitando que os traballos presentes en coleccións privadas de todo o mundo puidesen perderse co paso do tempo”, engadiu. Creacións inéditas A preparación deste catálogo permitiu xa importantes avances, como descubrimento de obras inéditas, mellor documentación dos orixinais ou datación máis precisa dos traballos. O conselleiro de Cultura e Turismo afirmou que “coñecer mellor a Castelao supón coñecernos un pouco mellor a nós mesmos, a través dun referente ineludible para repensarmos hoxe a cultura galega”. Douta banda, Roberto Varela gabou o traballo “aparentemente inabarcable de rastrexar, estudar e rexistrar unha produción a miúdo esquecida en bibliotecas, apartamentos e caixóns de medio mundo” dos responsables da Fundación Castelao, investigadores, bolseiros e todos aqueles que desinteresadamente fixeron posible coa súa entrega esta base de datos. No remate da súa intervención, Roberto Varela recuperou unha prosa “vehemente, apaixonada e certeira do propio Castelao” que afirmaba que ‘a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galiza. A tradición non é a historia, a tradición é a eternidade’. O conselleiro de Cultura concluíu afirmando que con este catálogo “achegamos un pouco máis a Castelao, á súa obra, ó seu legado e á eternidade que este artista merece”. Obra en todo o mundo O Proxecto de Catalogación universal da obra de Alfonso Rodríguez Castelao foi coordinado polo vicepresidente da Fundación Castelao, o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, e contou cun grupo de cinco especialistas que acudiron tanto a institucións públicas como privadas (en España e en América, que gardan parte da obra do galeguista), hemerotecas xornalísticas e mesmo a particulares na procura da obra inédita. A dificultade de esta iniciativa residiu en que a obra do escritor rianxeiro está integrada por colaboracións literarias, creacións en prosa, textos teatrais, artigos, discurso parlamentarios, cartas, manuscritos, debuxos... repartidos polos lugares nos que foi transcorrendo a súa vida: Galicia, Madrid, Arxentina, Estados Unidos, Cuba, México, Chile ou Venezuela. O traballo presentado reúne case 3.800 entradas. Cada unha das fichas aporta información sobre a localización da obra, as súas reproducións, a súa participación en exposicións, a datación, etc.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
2010-01-29

 
OTRAS NOTAS
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Expertos en literatura infantil e xuvenil reúnense no Centro Ramón Piñeiro
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
Agadic apoia 572 funcións e concertos ata finais de 2010
o Centro Coreográfico Galego abre unha nova etapa e aposta pola formación
Xacobeo Classics reúne un gran elenco na estrea da ópera Parsifal, de Wagner
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
Inaugurada a XV Feira do Libro de Foz
 

 

Museos | Pintura | Escultura | Gravado | Letras Galegas | Fotografía | Comunicación
Teatro | Música | Danza | Artesanía | Tradicións  | Língua e literatura | Xunta
Fundacións e patronatos | Asociacións | Deseño Gráfico | Biblioteca dixital | Salas /expo. | Concursos e premios | Ilustración
Artesanía | Multimedia | Arquitectura | Esmalte | Deseño Moda | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados