Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
GALERÍAS 
Arquitectura 
Artesanía 
Deseño Gráfico 
Deseño Moda 
Escultura 
Esmalte 
Fotografía 
Gravado 
Ilustración 
Multimedia 
Pintura 
LITERATURA 
Biblioteca dixital 
Letras Galegas 
Língua e literatura 
DIRECTORIO 
Artesanía 
Danza 
Fundacións e patronatos 
Museos 
Música 
Salas /expo. 
Teatro 
Tradicións  
Xunta 
CONCURSOS 
Concursos e premios 
ENLACES 
Asociacións 
Comunicación 

 ALTA DE ARTISTA   ACTOS   FOROS   INICIO   CONTACTO 
  [VOLVER
O Centro Dramático Galego ofrece as últimas funcións da obra As actas escuras  
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle as últimas representacións da obra de Roberto Vidal Bolaño a cargo do Centro Dramático Galego. Máis de 2.000 espectadores viron xa As actas escuras protagonizada por catorce actores.

Máis de 2.000 espectadores asistiron ata o momento á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), As actas escuras, que ofrece as súas tres últimas funcións no Salón Teatro de Santiago (venres 5 e sábado 6, ás 20.30 h, e domingo 7, ás 18.00 h). En total, serán 17 as representacións que a compañía pública terá ofrecido en Compostela con esta obra de Roberto Vidal Bolaño, recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Tras este período de exhibición no Salón Teatro, o novo espectáculo do CDG visitará outros sete escenarios de toda Galicia. O Pazo da Cultura de Narón será os días 19 e 20 de febreiro o primeiro destino desta xira galega, que se estenderá durante dous meses ata completar unha trintena de funcións: Teatro Lauro Olmo do Barco (26 de febreiro), Teatro Municipal Área Panorámica de Tui (5 de marzo), Centro Cultural Caixanova de Vigo (17 de marzo), Teatro Rosalía da Coruña (19 e 20 de marzo), Teatro Principal de Ourense (27 e 28 de marzo) e Teatro Jofre de Ferrol (3 de abril). Investigación sobre os restos do Apóstolo Unha investigación encargada polo cardeal Payá e Rico sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela de finais do século XIX centra a trama principal desta historia sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética. Xosé Manuel Olveira “Pico” e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco, do que tamén forman parte César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez. As entradas para as tres últimas funcións de As actas escuras en Santiago poden adquirirse ben por anticipado na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e no teléfono 902 43 44 43, ben no despacho de billetes do Salón Teatro o venres e sábado de 18.30 a 20.30 horas e o domingo de 16.00 a 18.00 horas. O seu prezo é de 10 euros para venres e sábado (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados) e de 5 euros para o domingo, día do espectador.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
2010-02-04

 
OTRAS NOTAS
A banda dos 60 The Zombies, por primeira vez en Galicia o 11 de novembro
Expertos en literatura infantil e xuvenil reúnense no Centro Ramón Piñeiro
O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
Agadic apoia 572 funcións e concertos ata finais de 2010
o Centro Coreográfico Galego abre unha nova etapa e aposta pola formación
Xacobeo Classics reúne un gran elenco na estrea da ópera Parsifal, de Wagner
A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax
Inaugurada a XV Feira do Libro de Foz
 

 

Museos | Pintura | Escultura | Gravado | Letras Galegas | Fotografía | Comunicación
Teatro | Música | Danza | Artesanía | Tradicións  | Língua e literatura | Xunta
Fundacións e patronatos | Asociacións | Deseño Gráfico | Biblioteca dixital | Salas /expo. | Concursos e premios | Ilustración
Artesanía | Multimedia | Arquitectura | Esmalte | Deseño Moda | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados