Notas
-
Este xoves, 30 de novembro, ás 10,30 h, na Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández de Sarria, foi presentado o libro A PARADELA DOS MÁIS NOVOS, editado polo Concello de Paradela con motivo do seu bicentenario, e no que colaboraron os alumnos do Ceip de Paradela e os alumnos de Paradela que cursan estudos nos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora do centro asociado da Uned en Lugo, Ana Traseira, e co presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, na que valoraron as posibles vías de colaboración para levar a cabo un proxecto cultural conxunto a desenvolver no primeiro semestre do próximo ano.
-
Un equipo de persoal investigador revisita, cen anos despois da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), o labor daquela mocidade que en 1923 puxo “os alicerces dunha construción, cultural e científica, monumental”. Este é o cometido da obra As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, editada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e que se presentou no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
-
O II Certame de Paisaxe Sonora, unha iniciativa a prol do fomento da creatividade promovida pola USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, distingue as obras ‘Sensacións do Morrazo’, de Carlos Suárez, e ‘El Peregrino’, de Luz María Salgueiro e Diego Sanmartín.
-
A Constitución Española fará en decembro de 2023 45 anos. O aniversario da Carta Magna adoita xerar múltiples preguntas arredor da súa natureza e vixencia. A mostra 'Escola de Democracia. O proceso cara á Constitución Española de 1978' que pode visitarse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, serve para contextualizar un dos procesos máis relevantes da nosa historia recente.
-
O campus de Ourense acolle o 6º Congreso Internacional Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, co lema 'Ponte entre escola e sociedade'. Desenvólvese unha intensa programación na que se afonda na identificación, valoración, interpretación, transmisión e dinamización deste patrimonio a través da educación, dedicando unha especial atención aos 20 anos da aprobación da convención da Unesco de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial.
-
O recente e innegable éxito do cinema creado por artistas e cineastas galegos inspirou a organización deste seminario. Un éxito que vén dunha longa tradición de arte e de bo facer diante e detrás das cámaras, xurdidos en terras galegas. Este seminario pretende facer un repaso da Historia do cinema galego, dende os seus inicios ata a actualidade, cunha primeira parte máis académica, centrada na propia Historia, e cunha segunda parte de relato de experiencias.
-
Regresa o Ciclo de Cine e Lingua da UVigo cunha edición centrada en películas dirixidas por mulleresDespois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario, ao trasladarse esta activdade do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés. Deste xeito, e da man do Vicerreitoría de Extensión Universitaria, ao longo dos meses de novembro e decembro o edificio Redeiras acollerá as proxeccións de cinco películas en versión orixinal con subtítulos en español.
-
Reliquias é o título da nova exposición que ata o 16 de novembro pode visitarse no Abrigo, a antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes da UVigo, reconvertida o pasado curso nun espazo para a organización de exposición ou talleres. Co alumno de doutoramento José Eiras como comisario, esta mostra reúne as creacións dos tamén estudantes de doutoramento da facultade Álex Fuertes e Julio Catalán.
-
A Sala Alterarte abre unha nova etapa coa coordinación de Javier Blanco e o proxecto ReciprodicidadeA Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade. Con eles intentarase buscar unha maior relación deste espazo coa cidade e afondarase no seu carácter didáctico.