Manuel Fuentes é un tallista vocacional autodidacta. Tras facer varios cursos de talla e restauración que marcaron o comezo, realiza as súas obras a modo de afición dende fai uns quince anos, coa intención de plasmar a súa perspectiva artística e amosala ó mundo. Dende o ano 2008...
Pérez Durán, Eliseo
General
Eliseo Pérez Durán naceu en Mazaira, Castro Caldelas (Ourense) o 10 de abril de 1951.
Artesano en marquetería especializado en Heráldica.
Os seus traballos están realizados en distintos tipos de madeiras como, nogal, sapeli, castiro, roble, pino, cerdeira, etc... Non utiliza pintura ningunha, só barnices de distintas tonalidades, é un traballo totalmente artesanal polo que non utiliza tampouco ningunha ferramenta eléctrica. Leva facendo estes traballos 15 anos.
Posúe unha colección dos Blasóns de todolos Concellos de Galicia e tódalas Capitais de España coas cidades máis importantes.
Fixo dúas exposicións na Casa de Cultura de Monforte de Lemos.